Este fin de semana pasado tiven a sorte de disfrutar dunha fin de semana en Viana do Bolo, grazas ó sorteo que fixera Xulio Couxil no seu blog Sempre en Galicia e co cal fora agraciado. A casa-hotel rural na que estiven aloxado foi o Hotel O Retorno, unha casa antigua restaurada ó detalle que resulta moi acolledora. Está sitúada nunha esquina da Praza Maior en pleno centro. A dona, Toñi, é unha persoa moi amable e acolledora, á que o mínimo que debo facer é darlle as grazas polo trato e polo agasallo.
Na foto vése a Praza Maior, co Pilón e unha casa señorial ó fondo, esta última non é que se atope en moi bo estado (máis ben ó contrario) pero según me enterei, ó pertencer a varias familias resulta difícil chegar a un acordo de restauración. Esta sería a entrada á zona antigua do pobo, un grupo de rúas estreitas, moi limpas e co pavimento en perfecto estado, o mesmo que a maioría das casas que se atopan por esta zona. Nesta zona antigua tópase a torre medieval (o que queda en pe dun castillo anterior), a Igrexa, o Concello, xulgados... Dende aí é donde se teñen unhas vistas moi fermosas do val do río Bibei, coas súas paisaxes.
En sí, Viana ven sendo un pobo agrícola e gandeiro, uns dos recursos é a explotación das castañas. Por iso chama a atención a cantidade de castiñeiros, algúns xa milenarios. Outro dos productos típicos é a androlla, a cal prepárase como un chourizo pero usando a tripa gorda do porco e enchendoa con costela troceada con carne, sazonado con sal, pimentos e allo. Logo afúmase como un chourizo máis. O Domingo do Entroido, celébrase a Festa da Androlla, que xunta a moita xente para un pobo como este.
O do Entroido é outra, como moitos pobos de Ourense, estas festas celébranse coa súa particular visión e seguindo tradicións centenarias. Os boteiros, a mula, os fulións... son algúns destas tradicións.
A nivel particular teño que dicir, que me foi moi ben, quedei encantado coa zona (ó ir de vacacións, un sempre vai predisposto), e ata tiven sorte cos días escollidos. Explícovos algunhas das cousas que fixen (só algunhas):
O venres ó chegar despóis de dar unha volta polo pobo, enterámonos que había unhas actuacións na praza, primeiro unha pandereteiras da zona e logo dous grupos folk galegos. O primeiro "chara culo", o típico grupo de cinco compoñentes, gaita galega, bombo, acordeón, zanfona... son algúns dos instrumentos que usaron. Estes gustáronme especialmente, polos temas que tocaron (pezas típicas galegas) e polo ben levar que tiveron coa actuación. Axudaron a escorrentar o frío que facía nesta noite. O seguinte grupo era "Allan-bique folk", máis dedicado ó folk en sí, tamén cunha música moi boa, pero cecáis facéndose un pouco pesadiños coa posta en escea, demasiada leria, e por momentos con actos teatráis demasiado longos, que fixo que bastante xente deixase o lugar.
O sábado xa foi para dar unhas voltas e coñecer un pouco o contorno. Visita obrigada era o Santuario da Virxe das Ermitas, unha contrucción impresionante e con gran valor arquitectónico con gran cantidade de motivos en pedra na súa fachada. Logo comemos no Concello de A Veiga, donde teñen unha praia fluvial que non envexa nada a moitas praias do mar. Alí foi donde pasamos a tarde, relaxados, dando uns paseos e ata botando unha sestiña.
Para o domingo, outra sorpresa, tiñan programado o Entroido de Verán. E así a partires das doce do mediodía, a praza escomenzou a encherse de xente (neste mes de Agosto, moitos emigrantes estan na terra). Aí foi cando tiven o pracer de coñecer a Xulio Couxil, que tamén estaba de vacacións na vila, foi moi amable e explicoume moitas costumes e paraxes da zona, así como tradicións do entroido. Logo foi cando entraron os fulións aporreando ós seus bombos a todo trapo, pódovos dicir que o ruido era atronador. Tamén me presentou a Chus, o encargado de facer os famosos "vianos", bombóns de chocolate e mel, e de cantidade de productos derivados da mel, como aguardente, vinagre... Quedoume pendente visitar o seu pazo e o carballo que o preside que din ten 3.000 anos. Case nada. Outra vez será, cecáis no Entroido no inverno, que polo visto promete.
Fachada do Hotel O Retorno.
Escudo nunha casa señorial da vila
Esta é a figura do boteiro, que recorre as rúas no entroido
Santuario das Ermitas, fermoso, recollido e tranquilo.
Chus vendendo os seus productos derivados da mel
Praia fluvial no concello de A Veiga
Aínda que me perdín a festa da Cervexa en Ponteareas, tamén tomen algunha "cañita"
Para non cargar moito isto con fotos fixen este pase de fotografías por se queredes botar unha ollada, para min, vale a pena.
Este outro é do Entroido, podedes ver as gañas coas que os fulións aporrean o bombo, tamén os boteiros e a mula, esta última había que ter conta que pegaba unas coces de coidado. Algúns bombos teñen unha manchas na pel, que resultan ser da sangre que se fan algúns o darlle tan forte. A tradición parece que non se vai perder tan fácil, hacia o final do vídeo pódense ver dous nenos ben pequenos e a súa maña a hora de aporrear o bombo.
A calidade é moi mala, pero vale para facerse unha idea.
En fin, remato este "pequeno" resumen agradecendo a Xulio todo o feito pola súa parte.
martes, 11 de agosto de 2009
Fin de semana en Viana do Bolo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
Que sorte tiveches!! Nos o sábado que estivemos por aí ía moita calor, só encontramos unha praia fluvial e como só había 2 persoas non paramos..........gustoume o teu resumo.
A pesar de vivir nun pais tan "pequeno", as costumes dunha zona a otra cambian. E traballo noso coñecer e propagar as costumes do noso pais, para poder conservalas e propagalas,......este post teu cumpre perfectamente esa función.
Alédome de que disfrutaras do fin de semana en terras da Serra da Queixa.
Saudos meu rei
Alédome moito de que che gustara a túa "degustación do premio".
Agardo que che sirva de aliciente para que poidas volver noutra ocasión con máis calma e poidas continuar descubrindo moitas máis cousas que aínda son "enxebres" na nosa Galicia.
Saudiños.
E nas agencias de viaxe nos venden que os paraisos estan no caribe,e logo ¿que son estes pueblos?
Gustoume visitar esas terras trasportado polas túas palabras.
Sempre me gustou ese entruido enxebre máis que o copiado do Brasil e Canarias.
Qué sorte tiveches de estar alí esta fin de semana.
Eu coñecín esa vila hai un ano, está chea de encanto e de moi boa xente. Fixen grandes amigos alí e tamén no concello de Vilariño de Conxo, precisamente en Edrada, un lugar que todos deveriamos visitar unha vez na vida, unha desas aldeas que emociona pola sua fermosura.
Un consello, que todo o mundo vaia a estes sitios e daráse conta de que a vida non son presas, senón que hai que disfrutala.
Conclusión, tou namorada desa vila jajajaja.
Saúdos Carlos, e segue actualizándonos.
moi bonito e entretenido o video.mostra a grandeza das nosas festas que son moitas e par todolos gustos.eu estiven na festa da auga en villagarcia recomendable cen por cen.un saudiño
¿por certo que programa usas para montalo?
Pois fixeches unha reportaxe ben completa da tua estadía en Viana. Eu xa ando afilando os dentes para a miña que, se non se torce nada, será no mes de setembro; tal e como xa quedei cos responsables da casa que me tocou a min.
Unha aperta
jaj que bonito, cari, y qué suerte, no? no me acordaba yo de ese concurso que ganaras...! vaya chollo.
me ha guastao mucho las fotos y el video. Pa mi que en el montaje de las fotos te sobran esos efectos tan raro de transición entre foto y foto, pero bueno... pq ese toque es demasiado moderno para el tipo de fotos. Pero en general, el post está genial, me ha encantado y me han dado ganas de ir, que es de lo que se trata, jaja
Bezos
Curradísimo o post. Teño moitísimas ganas de ir por esa zona, e ti aumentáchesmas.
Un saúdo.
José María, fago eses montaxes co Nero, na opción "Crear pase de diapositivas de fotos". Unha vez que lle collín o tranquillo é bastante fácil.
Ó millor, como di Thiago, paseime un pouco cos efectos nos cambios de fotos. Pero bueno, non está mal...
Graciñas a todos por comentar, cando queirades tranquilidade, pasade uns días por esa zona ou outras polo estilo.
primeiro felicitarte unha vez mais polo premio, e agora por o disfrute del.
un post ben currado e interesante.
parabens.
Ben recollido na reportaxe a esencia do lugar.
Unha aperta.
Publicar un comentario