sábado, 26 de septiembre de 2009

Seguimos en loita..., e seguiremos

Como vos dixen, non quería ter motivos para volver a falar do tema do novo Instituto, pero por desgraza teño que facelo. Despóis dunha semana moi líada, sigo aquí e como vedes na foto seguimos en loita, non nos van a doblar por caprichos.

A proba final de que estamos en toda posesión da razón viviuse onte en Ponteareas cunha data histórica para o pobo. Non me gustaría que o día histórico fose por este motivo, pero a manifestación de onte coa asistencia dunhas, aproximadamente, 3.000 persoas o dice todo, ven a reflexar o sentir dun pobo que non admite que se brinque con rapaces como se fosen unha especie de pelagatos. Nunca admitiremos o horario de tarde-noite que nos queren impoñer. Non vamos a permitir que os nosos fillos cheguen a casa sobre as 9 ou 10 da noite. Non é viable nin por asomo.

Levamos unha semana chea de mobilizacións e reunións, algo temos avanzado pero aínda nos falta o golpe final para que dunha vez por todas nos fagan unha proposta aceptable. As reunións co Sr. Alcarde, un dos culpables máis importantes do conflicto, foron infructuosas de todo. Topámonos cunha chea de mentiras, que si martes ía á Xunta a solucionar o problema, que si tal, que si cual... Todo mentiras. Nos dous plenos que houbo esta semana demostrou que pouco salida ten para un problema orixinado por el e o seu equipo de goberno, e asistíu ás increpacións que lle soltou o público que abarrotaba o salon de plenos, incluído eu, ata que tuvo que disolver o pleno. Quíxose apuntar un tanto a favor cando falou de que conseguiría unha reunión co Secretario Xeral de Educación da Xunta e co Xefe Territorial, cando iso conseguímolo nos, a Plataforma de pais afectados. O dito, mentiras e máis mentiras.

O que conseguimos foi forzar para que puxeran en marcha un expediente de expropiación e ocupación de bienes, que ó parecer pode durar un máximo de dous meses. Aí é donde nos preguntamos porque non fixeron este requisito hai tres ou catro meses si xa sabían o que ía pasar.

Agora estamos traballando en reubicar ós alumnos noutro centro, ou en varios, aínda que as súas condicións sexan un pouco máis precarias, sempre e cando sexa unha medida provisional de un trimestre. Hai varias propostas enriba da mesa, non todas satisfactorias, pero algunha pode ser víable sempre e cando a inspectora de Educación (bastante reticente ela) dea o seu visto bo.

A ver se o luns temos unha solución, ou algo xa avanzado. É necesario

Outro momento da manifestación, que durou unhas tres horas.


Integrantes da banda de música que nos acompañaron durante a concentración. Con este horario que nos propoñen non poderían estudar e ensallar.


Público asistente ó Pleno do xoves.


Os "paseos" polos pasos de peóns tamén foron chamativos e crearon un bo caos.


Momento da reunión da Plataforma en Pontevedra coas institucións de Educación.

7 comentarios:

HADEX dijo...

Que teñades moita sorte......

Unknown dijo...

Estou seguindo o tema na Prensa. E unha vergonza cos rapaces a estas alturas non tengan clase ni o problema resolto.
Espero que podáis solucionarlo pronto.

Bicos

zeltia dijo...

bueno, isto non proba somentes os despropósito da administración, nin unha mala xestión por parte do concello que preside o alcalde;
isto ven demostrar algo moito máis triste:
que cando algo nos importa de verdade movémonos, crispámonos, protestamos, saímos á rúa, asistimos ós plenos...
e que hasta que algo nos incumbe directamente pasamos de todo.
tamén temos que mirar non só qúe malos son na administración
compre facer un exercicio de reflexión e ver tamén
qué pouco exercemos de cidadans.
espero que se resolva pronto esta desfeita e os rapaces poidan ir o novo instituto.

Chousa da Alcandra dijo...

Tamén vos desexo sorte.
Ás veces non sempre trunfa a razón (proba delo é que teñades que loitar polo que tiña que vir dado polos que nos xestionan); e niso leva razón Zeltia.
Temos que involucrarnos máis!!

Barreira dijo...

Os políticos son a rémora deste país. O dia que fagan algo en tempo e forma haberá que decretar festividade de caracter nacional, polo menos.
Saudos e forza.

abueloscrisytoño dijo...

Moitas grazas amigo polo teu voto, Desexámosche o mellor. Un abrazo.
A.Cris

Deambulando con Artabria dijo...

Esperaremos o luns a ver que pasa..........moita sorte!!