martes, 20 de enero de 2009

Crónica deportiva do fin de semana

A unha xornada de que remate a primeira volta da Liga de Fútbol Sala do Condado, seguimos máis ou menos na nosa línea, unha de cal outra de area. Esta xornada tocounos perder nun partido que tíñamos medio encarrilado na primeira parte na que íamos vencendo por tres a un, na segunda, debacle e derrota por cinco a tres. Como vedes na clasificación seguimos no posto décimo, tampouco está tan mal, estamos dentro do "top-ten".



Por outra banda un ano máis vamos primeiros na Deportividade. Non ten moita explicación que xogando algúns elementos coma mín (e algún outro) neste equipo, sempre acabemos arriba. Deben ser os anos que nos fan máis tranquilos e pacíficos.

Isto no referente o fútbol sala, xa que na parroquia de Areas tamén existe o equipo de fútbol, o Club Deportivo Cultural Areas do que xa falara noutra ocasión sobre a súa fundación e primeiros anos de historia. Pois o Areas nesta tempada, está a facer unha campaña máis que expectacular, marcha lider na Rexional Preferente grupo sur, con aspiracións (e soños) de ascender á Terceira División, algo impensable para un equipo de aldea como é este. Pero todo é posible sabendo como é o presidente (Mingos), este busca cartos donde sexa, e fai traballar a todo cristo con tal de sacar arriba a cuestión. Prova diso é o campo de fúbol que temos, xa quixeran ter moitos equipos o cespede que ten o Campo da Lomba.




Pois a ver se ten sorte e se codea cos grandes de Terceira aínda que sexa un ano.

Polo demáis o resto de deportes que temos na parroquia, descansaron esta semana, bueno descansaron esta e as outras, xa que por desgracia non temos máis. Salvo que contemos o fútbolin, o Tute, o subastado, o chinchón... estes non teñen descanso, xógase ata pola semana.

Outro deporte que se practicou, pero non en Areas, senón na parroquia de Paredes, a máis pequena de Ponteareas con 62 habitantes (hai quince días morreron dúas, agora deben ser 60) foi o deporte do "ben comer". Xúntanse todolos veciños e "demáis invitados" a devorar uns porcos que mataran na semana. Na foto saen Mingos, concelleiro en Ponteareas e presidente do Cultural Areas, e Manolo, parroco de Areas, antigamente de Paredes, él foi un dos encargados de crear a festa. De ahí que lle chamaran nalgún tempo "A festa do porco do cura", sempre sen mala intención.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

dende logo ,non vades nada mal na clasificaion, de 14 vades no posto 10,tranqui xa vendran tempos peores. o do cultural areas non ten palabras,o maximo que chegei e chego a axudar o cultural e sendo socio, como ti dis o presi e maila directiva teñen que buscalos cartos debaixo da terra, non che deve ser nada doado,manterse unha aldea en esa categoria, e mais se ascende,mais desplazamentos,os arbitros mais caros, etc,etc,, O porco une unha parroquia,sempre se agradecen estas festas e nos temos a sorte de vivir en pontevedra xa que casi todolos fins de semana temos festas gastronomicas que estan de vicio de carnes,peixes e mariscos ¡¡ viva galicia ¡¡ese articulo, o do porco, ven no {vigometropolitano.com} e o tal R.L asi firma o texto mailas fotos tiña mais interes en presentar a yeset de la ciudad que da aldea, e logo ¿tamen habia politicos? dame que pensar ,un saludo

Raposo dijo...

Vexo que de deportes andades ben, incluidos os das papatorias.

Lúa dijo...

jejejej que bo nome pra unha festa......ánimo pra todos a ver se chegades a 1ª división!!!! bicos.

paideleo dijo...

Todos os equipos grandes empezaron dende abaixo así que ánimo.
No caso de perder sempre queda o consuelo do porco.

Thiago dijo...

jaja si, lo de la fiesta del porco do cura será sin mala intención, pero con una retranca do carallo, jaajja Pero es una matanza, matanza? no me gustan. fui a una en Segovia y es horrible ver como matan el cerdo. Además el cerdo se escapó y se fue por la carretara y fue un jaleo horrible, jaaj

Deportivamente está muy bien, pero aviso que estar en Tercer lleva muchos gastos. Y a veces los exitos deportivos luego son fracasos económicos... Van a poder tener presupuesto de Tercera Division? Bueno, ojalá.

Aprovecho pa dar las gracias a Beni que el otro día dió señales de vida por mi blog. Algo es algo, jaaja

Bezos a los dos.

vintxuca dijo...

a min tampouco me gustan as matanzas, pero agora xa non son coma antes, agora é obrigatorio usar pistola e o probe porco xa non sufre... somos de carallo... nada de matanza pero o chouriciño e o xamón... a iso ben que lle damos...eu a primeira.