miércoles, 6 de mayo de 2009

San Benito de Angoares. E seguimos de festa...!


Pois iso, escomenzou o mes de Maio, e con él as festas e romerías. Non quero que isto se me convirta nun blog guía-festeiro-relixioso, pero tiña que ir a comprobar o que se move na parroquia de Angoares o día de San Benito de Palermo, este santiño negro, que como me dixo un amigo, ten un certo parecido con Eto´o. Eu non llo topei por ningún lado, a non ser que este santo, teña o mesmo de santo que dito xogador, ou sexa pouca cousa. Un dos motivos polo que fun ata alí, e porque mo pedira Manolo, pero sobre todo por unha pequena polémica xurdida nuns comentarios do post anterior.

Antes de nada dicir que San Benito é un santo moi venerado pola zona, e ven moita xente de fora con ofrendas, supoño que debido a promesas que fixeron nalgún tempo. Estas ofrendas corresponden a ovos da casa, e algúns animáis como galos, cuellos... Un dos "poderes" deste santo, era a capacidade que tiña para que desapareceran as berrugas ou espullas. Cando alguén tiña unha, ía polas casas da parroquia a pedir un ovo, cando xuntaba a dúcea ofrecíalla a San Benito, asistía a misa, e despóis esperar a que desaparecera. Teño que recoñecer que de pequeno apunteime a este rito (quen mo diría hoxe en día), tiña unha espulla na rodilla e me convenceron para ir. A espulla desapareceume, pero non sei se sería polas mañas do santo, ou por unha caida onde esfolen a rodilla e a referida espulla. Cando me sanou, nunca me volveu a aparecer.

Bueno, céntrome no tema, cheguei alí ó mediodía, unha hora que adoita ser bastante complicada para aparcar, pero con todo conseguinno apenas a cen metros do torreiro. Nel estaba colocada unha carpa, tanto para a festa nocturna como para as misas do día, que son de campaña, o resto estaba ocupado por un montón de chiringuitos, como o bar (iso non pode faltar), atraccións para pequenos (e non tan pequenos), rosquilleiras e demáis.

Na igrexa, a xente pasaba as estampitas polo santo, supoño que previo pago dun donativo, pois a caixa estaba ben a vista. No local das ofrendas, estaban as típicas bandexas de ovos, un galo e dous cuellos. En fin, polo que me enterei e preguntei, nada comparado con outros anos. Seica son efectos da crise, pero tamén se pode chegar a conclusión que ten que ver con algo que comentábades no post anterior. Se cadra a xente cada día involucrase menos con estes temas, non sei se será pérdida de fe ou non, o caso é que non había, nin por asomo, a xente que había outros anos.


Foto das ofrendas. Os animáis adoitan a subastalos, chegando a veces a precios desorbitados, isto é debido ós ganchos que poñen para participar na puxa, tentando elevar o precio. Os ovos vendenos, o máis raro é que os poñen máis baratos que nun super, é son caseiros.



Foto da xente "asistindo" á misa maior, podovos asegurar que non era tanta, o que pasa que co calor que facía, todo o mundo buscaba unha sombra. Ten que ser terrible, para un creente de verdade (que ten que habelos), que no momento dunha ceremonia así, todo se volva ruido e alboroto. Eu por exemplo, tomei a miña cerveciña ó lado de xente con velas, outros estaban sentados tomando unha tapiñas de polbo, nenos correndo polo medio. Non me cadrou nada.



E esta é a foto máis cachonda, os curas celebraron as misas neste palco, o mesmo que usan as orquestas para a verbena. O letreiro ven ó pelo, "Comienza el espectáculo" e de feito comenzou. Para min case que algo máis parecido a unha feira, que a unha misa.

Dicir tamén que a coral que actuaba era a nosa de aquí de Areas. A ver se un día lles dedico un post. Todo se andará.

21 comentarios:

BRABIDO dijo...

Pois si que che ten un parecido co xogador.
Os ovos que eu sepa,como ti ben dis,pidense un por casa,de ai a que sean caseiros.
Se vas a pedilos pola aldea,case que si,pero se os pides na vila dende o 1ºA ata 5ºC vai ser que no.
Tamen e certo que si na festividad de calquer santo vai acompañado dunha festa,banda de musica,caballitos,tiro pichon,bares,polbeiras .........e por suposto unha coral como a de Areas sempre trae mais xente e se cadra en fin de semana moito mellor.
Eu vivo a uns metros da capilla de San Blas,e podo decir que uns anos atras era outra cousa

Anónimo dijo...

Amigo Carlos, bueno mellor AMIJO con letras jrandes, asi te considero. En primer lujar nunca houbo tanta xente como este ano, eu non o sei, e que di a xente. Si mides a xente po las ofrendas..., jalos e conexos etec. ojala non houbera ninjuja ofrenda..., aforrariase a subasta, que xa e un avance...
Como falas de fe ou non fe, solo decirche co poeta "que nada e verdade nin mentira..., todo e do color do cristal con que se mira."
Apertas jrandes e estou sufrindo po lo Chelse...Unha majoa...
Ricoesanto.

Barreira dijo...

Xa estou vendo a nova tendencia de culto ao aire libre no Vaticano. Benedicto deixará os balcons do pazo de San Pedro para subirse a un palco con efectos de luz e son que darán un aire mais moderno a esa sotana branca.
Saudos milagreiros.

paidovento dijo...

Boísima a última foto. Aí andaches agudo. En canto á misa, supoño que con ese ambiente sería moito máis levadeira, ou non.

Lúa dijo...

mágoa que eu non podo con estas cousas, desfágome ao ter unha igrexa preto...non sei por que sera...XDD
como curiosidade está moi ben, bicos!

busto.agolada dijo...

Esta romaría está máis concorrida que a da Picaraña, ten máis ovos e máis gracia. Sobre todo a ocorencia da misa nese palco espectacular. Poida que sexa unha nova forma de atraer feligreses.
Moitos saúdos.

Raposo dijo...

A última foto é xenial, si señor. Todo un espectáculo cachondo.

Anónimo dijo...

É dicir, apañas os ovos e despóis véndense? qué clase de ofrenda é isa? jeje polo menos que llos dean ós pobres...
¿E logo a foto do cura dando misa dende o palco? boeno, a Igraxa tense que modernizar, non si? mágoa que interprete sempre mal o de poñerse ó día.

Paz Zeltia dijo...

en dos palabras: cojo-nudo.

Thiago dijo...

jaja por dios (y nunca mejor dicho) la foto es genial, genial jajaja digna de una antología del disparate..

en la zona de Ferrol hay otra manera para deshacerse de las verrugas, que es ir la noche de San benito justo a las 12 de la noche a llamar a casa de alquien que te caiga mal, y cuando pregunta ¿quién es? entonces le dices: "Ahí te quedan" y al día siguente tu ya no tienes berrugas y las tiene el otro, jajaja

que cabronada, jajaja

Bezos

Thiago dijo...

ESte San Benito negro es el mismo que se canta en GALICIA : "SAN Benitiño do ollo redondo? jaja

Bezos

Mer dijo...

Pois nunca escoitara falar desta festa nin deste San Benito negro. É verdade que estas festas-romerías non son o que eran, antes asistían a elas moita máis xente e eran todos crentes e moi devotos.
Eu de cativa recordo ir á da Escravitude, cos meus avós. Xente a fartar, todos dentro da igrexa ou nos arredores, dando voltas de xeonllos por algunha promesa.
Nos bochinches e pulperías ninguén ata despois da misa.
Pero agora vaise á festa laica non á festa relixiosa.

E tí sempre andas en todas las festas, laicas ou relixiosas, non eh?

Unha aperta

Carlos Sousa dijo...

Brabido, Ti como eres de aquí, sabes ben de que vai todo isto. Os ovos está claro que na vila, ninguén os tería caseiros.

Rico e santo, "Amijo", normal que sexa da cor do cristal co que se mira, pero tamén hai que abrir os ollos e ver que antigamente era distinto. Agora tocaranos sufrir polo Bilbao, jeje.

Barreira, Xa é o que lles falta, palco xa teñen, agora efectos de luz e sotana tuneada.

Paidovento, Home claro que a misa era levadeira, cunha cerveciña e unhas lareadas, que millor para un domingo de mañán.

Lúa, Non creas que eu podo moito con isto, pero as igrexas (que non a IGREXA) gústame admiralas. Hai moito arte nelas.

Busto. Agolada, Que bo, tes razón, heche unha festa co moitos ovos. Tamén se di moito "comer unha tortilla dos ovos de San Benito."

Raposo, Home, pois cachondo si que foi. O millor era canto estaban a probar a megafonía, "Si, hola".

Avelaíña, Pero mirouse algunha vez que lle deran ós pobres? Eles piden para eles, pero dar...

Zeltia, Iso, como o Jesulín, en dúas palabras, "Im preionante"

Thiago, Pois vaia remedio tedes en Ferrol, me supoño que as berrugas saltarán de un ano para outro entre veciños. Porque aínda que parece que a xente se leva ben, sempre hai un resquemor. Do ollo redondo? Nunca o oíra, jeje. ti sempre pensando...

Mer Xa ves, antes iba a algunhas festas laicas, relixiosas como que non moito. Pero agora co do blog, teño que enterarme do que se move nelas, sempre xurde algo interesante que contar. A seguinte vai ser a Romería da Franqueira. E seguimos de festa!!

Unha aperta a todos.

Thiago dijo...

Nunca oiste lo de "San Benitiño do ollo redondo"? qué raro, vou ter que indagar iso... jaja

bezos

Anónimo dijo...

na entrada anterior non contestache os comentarios e hai si que habia chispas je je je je je

Carlos Sousa dijo...

Moi bo Thiago, se acaso dígolle a un que nos sabemos que che axude a indagar, je,je.

E Anónimo, aparte de que desta volta non sei quen eres, pero tes razón. Na anterior entrada non se me ocurriu nada que contestar. Tampouco é que saltaran tantas chispas. De todolos xeitos, non sempre contesto ós comentarios, cousa que o millor debería facer.

Cuspedepita dijo...

Na miña terra tamén se celebra ( o domingo antes do Corpus) o San Benito, na parroquia de San Pedro de Neiro. Polo que sei, como mínimo, esta romería xa se celebraba no 1700 e o santo tamén é mouro, polo tanto é tamén o San Benito de Palermo.
O que dí Thiago "do ollo redondo" é o "San Benitiño de Lérez", que era branco e creo que era o de Nursia.
O de Neiro era milagreiro tamén, moita xente vai "ofrecida" para curar algún mal, pero que eu saiba non ten relación cos ovos :-))

Apertas

Carlos Sousa dijo...

Gracias Cuspedepita pola información, xa lla pasarei a Thiago. O que me deixa intrigado é que noutra parroquia de Ponteareas, Pías, hai outro San benito, e non sei se será ese do ollo redondo. Xa me enterarei.

Cuspedepita dijo...

Non teño a seguridade de que sexa por isto, pero creo que o do "ollo redondo " venlle ao santo de Lérez pola forma da cúpula semiesférica da súa capela rematada nunha lumieira, que parece un ollo.

Thiago dijo...

jaja es verdad, gracia por la aclaración, ahora que lo dices CUSPEDEPITA (que iré a darle las gracias), creo que efectivamente van por ahi los tiros, que la canción dice algo asi:

"Si vas a San Benitiño,
non vaias a o de Paredes,
que hay outro mas milagreiro,
que hay outro más milagreiro,
san Benitiño de Lérez", creo, jajaj

Bezos.

LM dijo...

a ultima foto é o demo ;-P
beijos