miércoles, 24 de junio de 2009

Noite de San Xoan

Onte ás doce da noite, como si se puxesen dacordo, prendíaselle lume a infinidade de fogueiras con motivo da Noite de San Xoán, a noite meiga por excelencia.

Con motivo de que se está a xogar un torneo de fútbol sala na parroquia veciña de Guláns, donde tamén estamos a participar nos, que por certo, donde nos metemos, menudos equipos hai (algún día contarei algún resultado, que hoxe non é plan). Pois achégome alí case tódolos días, a ver algún partido no Parque da Visoureira, donde tiñan preparada a súa pía de leña para queimar. A zona é moi boa, están a construír unha casa cultural inmensa, pero o que chama a atención é o terreno que hai ó redor, co tempo terán unha instalacións para envexar. Ó remate dos partidos sardiñas e viño a esgalla polo símbólico precio de un euro, o que quixo pudo marchar para a casa contentiño, material había de sobra. Mentras, unha charanga animaba a festa. En fin, boa xente e bo ambiente.

Como vedes nas fotos o tamaño da fogueira era considerable, había que ter coidado coas muxicas que viñan directas a cabeza. Eu non participén moito, que hoxe era día de escuela e coñézome ben.



Como non, sardiñas a feixe


Pero cando íamos para casa, aínda se me deu por parar na ponte de San Roque, donde tamén ardía unha fogueira. Xa se estaban a consumir as chamas, tempo xusto de mirar saltar a algúns valentes e tomarme unha cañita para refrescar a gorxa, que xa a tiña seca, jeje, tanto lume...


Se queredes saber sobre algunhas tradicións da noite, pinchade neste enlace publicado por Beni fai un ano sobre o tema. Tradicións da noite de San Xoán

P.D. Este é o post nº200 de Dende Areas cara a Ponte, casualidades que cadrara cunha cita tan meiga, a ver se nos trae sorte.

13 comentarios:

Deambulando con Artabria dijo...

Eu non celebro o do San Xoan, pero onte na Coruña olía a sardiñas por todos lados.....

BRABIDO dijo...

As festa que teñen papatoria ,esas son as miñas.

Este ano a noite non che era moi veraniega,pero entre o viño é a fogeira xa che subian a temperatura.

Po ano temos que facer unha unha xuntanza,eu poño a leña,T pon o sistema de asado(con motor de chimpin pa darlle volta a parrilla).J encargase da materia prima as sardiññas que el diso entende é inda pode aranxar uns "franguiños".

O B xa que é un profesional, no mundo da hosteleria e derivados,encargase do protocolo e mais das mesas, sillas......
E o C je je je je ,suministra o regadio ; eh nada de viño jaca, de mencia pa encima,jb,cacique,chivas,black label,cardhu.

PRAADIANTE

Raposo dijo...

Vamos a ver: atrevíchete a saltar a fogueira ou non?
Parabens por eses 200 e a seguir.

Barreira dijo...

E unha noite moi especial. O malo é ter que traballar ao dia seguinte.
E parabéns polos 200 temas tratados. Logo se dí. Pero mais traballo da facelos.
Saudos.

Anónimo dijo...

Joder..., xa 200..., a unha media de 1 cada 4 dias..., eu que sempre me equivoco cos numeros, ben o sabes tí..., danme 800 dias, dividido por 365, e mais de 2 anos... joder, macho, un dia tendras que explicarme o secreto da perseverancia. Admirote..., que conste que non e un piropo, e a verdade.Que sijas moitos mais. Ricoesanto.

paideleo dijo...

Noraboa por eses douscentos e por esa retrasmision da noite de San Xoan !.
Eu non visitei ningunha fogueira asi que tenho que visitar estas fogueiras virtuais !.

Thiago dijo...

Qué lástima, qué de recuerdos. El día de San Juan era casi siempre el comienzo de mi veraneo en la playa a la que nos desplazabamos desde Ferrol para pasar el verano. Y siempre hacíamos una hoguera en la calle.

En Madrid no vivo así esa fiesta, jaja

bezos. cari.

garganta profunda dijo...

Amigo Carlos, queroche pedir un favor. Ti que dominas este mundo dos blogs axúdame a darme a coñecer, sobre todo entre a xente de Guláns ( xa ves que é o meu tema principal).

Sei que podo contar contigo para iso. Saberei agradecercho tomando xuntos unha desas cervexas que tanto nos gustan a nos. De momento prefiro manterme no anonimato ( os meus motivos teño ) pero xa me darei a coñecer.

Un saudo e anticipadas gracias pola axuda. Sempre teu¡¡¡

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu non a saltei (hai cu e hai medo); pero a de Antas este ano tamén foi de reglamento.
Ás sardiñas engadímoslles melón (fixádevos que innovadores somos no Centro Xeográfico de Galiza), e para rematar...uns torresmos que estaban caralludos. Eso sí, despois de noite case me dan ganas de beber a auga de rosas que quedara na ventana ó resío; pero...estivo ben a cousa.

paidovento dijo...

No meu barrio os veciños tamén fixeron unha fogueira, acompañada de sardiñas e churrasco, pero nós non fomos porque tiñamos que madrugar e os rapaces tamén. Ao día seguinte contáronnos que algún veciño chamou a policía municipal e lles chafaron a festa.
Se podes, pasa polo meu blog para cubrir unha enquisa.
Un saúdo.

Carlos Sousa dijo...

Artabria, niso tes razón, o cheiro das sardiñas estaba por tódolos lados, non so na Coruña.

Brabido, boa idea esa, me parece que me tocou a parte máis importante, non? e que sen viño non presta igual. E por certo, esquecécheste de P. búscalle unha tarea, que el tampouco se perde a festa.

Raposo, non me atrevín a saltala, entre outras cousas porque teño un fodido, cousa do fútbol.

Barreira, senón houbese que traballar ó día seguinte, xa che conto que sería outra historia, jeje.

Rico y santo, eu as matemáticas pegáballe ben, pero as contas que me fas non as entendo moito. O segredo? Pois facer algo que me gusta, e se a xente lle gusta, anima máis.

Paideleo, A retransmisión non é moi boa, pero algo mostra. Entón, nin tan siquera prendeches lume non balcón a uns papéis para saltalos? Putros anos coido que o tiñas feito.

Thiago, por iso Galicia sigue sendo a terra de festas por excelencia. Como vivirás a festa en Madrid! So pensalo, jaja.

Garganta profunda, tentarei axudarche no que poida, estou pensando repartir folletos coa dirección do teu blog, jeje. En serio, farei o que poida.

Chousa de Alcandra, Eche ben verdade, o que ten cu ten medo. E si que sodes innovadores, sardiñas con melón, refrescante... Xa había resaca ó chegar a casa?

Paidovento, o malo é madrugar. Tanto ruido había para chamar a policía. Algúns veciños, tamen...

BRABIDO dijo...

Que razon tes,olvidarme do P,en que estaria eu pensando.

O que nos fai falta e o lugar pra xuntanza ,asi que cando estea con el xa me encargo de comunicarlle que se poña o chollo.

Que un ano pasa ........

Graciñas por recordarmo.


PRAADIANTE

LM dijo...

parabens por esses duzentos post e porque coincidisse com a noite mágica por excelencia!

sim que fazedes cacharelas bem grande, eh?

beijos