Nestes días de escomenzo do Outono, aquí en Areas, máis ou menos segue todo igual. Non sei si será por iso ou non, pero ata a inspiración para escribir algo, parece que está un pouco perezosa. E como me dixeron o outro día, "ti tranquilo que aljo surje", entón haberá que recurrir a un post un pouco chorradiña.
Por pasar, pasou que ata o Faro de Vigo, chegou a inspirarse no noso blog para publicar estas dúas noticias sobre a Memoria Histórica, si vos fixades ben na fecha, veredes que é posterior a nosa entrada.
Por non pasar, pois non pasou nin que viñeran a arranxar o "internete" libre, tampouco arranxaron o da biblioteca da Cultural, que seica só e mercar un ruter (non teño nin idea de como se escribe a palabriña), tampouco correxiron a plaquiña do outro día (tampouco é que faga falla), a parada do autobus segue coa súa marquesina transparente, (mentras non chova, todo vai ben). E máis cousiñas que non me lembro agora mesmo.
Xa un pouquiño máis en serio, temos que (Beni e máis eu) retomar a cámara, e seguir co noso safari fotógrafico pola parroquia. Que vos podo asegurar, que aínda nos quedan cousas pendentes por retratar, que teñen o seu interés ou polo menos para nós.
Que disfrutemos todos do Outono.
miércoles, 24 de septiembre de 2008
Aljo surje
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Pois moitas graciñas, jjaja. Bueno, tal y como está todo, ya es noticia que en Areas no pase nada...!! Lo de los bancos americanos y eso no os afecta, no? jajaj.
Yo creo que la noticia del pueblo te la voy a dar yo: ¡Rico y Santo, cierra su blog! jajaj Ah y a este paso el router lo vais a tener que pedir a los Reyes, ¿pq no haces una colecta en la Casa de la Juventud? Ahi te dejo la idea, jaaja
Bezos
Pois nada, a buscar cogumelos que agora empezan a sair.
Ti non te preocupes, que como din os vellos, "mais se perdío en Cuba". Saludos
Carlos, ou eres un genio merecedor do Pulitzer, ou tes espias na prensa. Non soio o Faro de Vigo chegou tarde (fixeime na fecha, ganaches por un dia), pero a Peneira ganachesde por goleada. Ademais a foto..., todas moi parecidas, case a mesma...¡cantas dudas me creas! Noraboa, esta claro "aljo sempre surje".
Manolo, ex ricoypobre "el rapido" como dí Thiago.
Pois xa esa foto é ben fermosa.....
¿Merecedor do Pulitzer? A foto é ben fermosa, pero teño que dicir que a busquen en Google, espero que me perdoen. Sabedes que as miñas, levan a fecha como sinal de identidade, algo un pouco cutre, pero como escomencei así...
Por desgraza, "aljo sempre surje", e a posterior noticia non é tan alegre, nin banal como esta, pero está escrita con un matiz positivo, como unha homenaxe a vida.
Un saúdo
Encántame o outono, bueno, tódalas estacións teñen algo que encandila. Esta ten o color alaranxado dos montes, o fresquiño sen ser aínda frío, os magostos, os cogumelos...
Veña! Todos a disfrutalo!
Publicar un comentario