viernes, 26 de septiembre de 2008

Lembranzas

Fai uns días, e logo de colgar no faiado 500 pares de calcetíns, non sei cantas camisetas, un par de pantalóns curtos (que xa pediron a excedencia ata o vindeiro verán), e un tanga negro do cal vos falaría se este blog se titulase doutra maneira; e se cadra enmeigado pola treboada que se facía sentir afora; decidín redescubrir o contido dunha caixa etiquetada outrora como "libros de texto".

Con cara de bobo nostálxico, despois de apartar unha morea de roupa olvidada e unha bicicleta estática (que realmente sempre estivo "estática"); escomencei a sacar tesouros tales como "ceras Plastidecor", "rotuladores Carioca", parte dun bolígrafo (parecido a un consolador) con un mecanismo "ultra moderno" o cal che permitía escribir en catro cores, lápices provistos dun capuchón coa forma de "Mickey Mouse" a modo de preservativo, e outras soias semellantes.

Unha vez que descartei unha publicación titulada "El Catecismo"; foron pasando polas miñas mans libros con monigotes pintarraxeados a marxe (a modo de debuxos animados) e outros con retratos duns señores moi ilustres pero que sorpresivamente lle sairan cornos, bigotes e penes voadores (estratéxicamente colocados). Entre o aruma ainda permanente a goma de borrar, a chicle "Boomer" e a regaliz rancio; deixouse ver o vello profesor de lingua, alcumado "cafetera" debido o moito que fumaba paseando arriba e abaixo polo Aula (Carlos sabe de que estou falando, xa que tamén lle dera clases tan peculiar, cachondo e fumeante individuo..., a que non adiviñades de que morreu...); asomouse tamén a "Srta. Pili", protestando porque os rapaces poñían un espello nos zapatos para poder verlle-las bragas (ou a ausencia delas); xurdiron tamén as caras borrosas dos compañeiros e as imborrables dos matóns de pacotilla (Que Diós lles conserve a saude a eses "hijos de p..." por moitos anos). Os sonidos de risas, de pisadas polos pasillos, de pupitres arrastrándose, de tizas voadoras, do silencio atroador nos exámenes, dos susurros intrigantes e do bullicio entre clases tamén se deixaron oir desde dentro da "Caixa de Pandora" rescatada do olvido.

Ó chegar a páxina 74 dun vello libro de galego, atopei unha ilustración que fixo que todos estes recordos estudiantiles desapareceran para ser suplantados por outros ben distintos. Votádelle a culpa a choiva, que co seu repiquetear púxome melancólico; pero o certo e que decidín poñerme a debuxar, recordando de paso parte da miña infancia.




Na actualidade, moita xente da nosa parroquia, a pesares de contar con tódalas comodidades da vida moderna, e de estar a un tiro de pedra de calquera opción de ocio por moi "cosmopolita" e "transgresora" que sexa, séguese adicando a agricultura; claro que agora a leite por esta zona sóese mercar no "super", e xa se mirán poucas "Moras", "Pintas" ou "Chulas". Pero eu aínda me lembro cando era cativo (e non hai tanto tempo diso, teño trinta e tantos) que de cando en vez tocábame pasta-la vaquiña que tiña miña nai. Eu aproveitaba para ler libros de "Los Cinco", "Los Siete Secretos", noveluchas de "Marcial LaFuente Estefanía" e outras chorradas semellantes; neses anos a "PSP" non aparecía nin nas miñas máis arriesgadas fantasías; na mentras sí que fantaseaba (e moito), xa que cómo é loxico non me gustaba un carallo pasea-la vaca. Hoxe en día (ademáis da PSP), encántame todo aquilo que teña que ver coa cultura e coas tradicións galegas, aínda que si tivese que pasta-la vaca escollería outro tipo de lectura.

...volvendo o devandito debuxo... anímovos a que vos poñades na situación do seu protagonista (Pepiño, poñamos por caso) e que imaxinedes o que adoita soñar nestes tempos que corren, mentras sinte pasa-la tarde en compaña das suas rumiantes compañeiras.

Con respecto os meus sonos e a si se me cumpliron, contaréivolo noutra ocasión...., quen sabe, o mellor no transcurso doutro día de choiva, despois de poñer a secar a roupa no faiado.

11 comentarios:

Thiago dijo...

jaja cari, el baúl de los recuerdos eh? jaja que post tan meláncolico te ha salido. YO al principio alucinaba, pensando en Carlos en Tanga, pero luego ya me lo expliqué todo, jjaja.

Cuánto tiempo, eh? Eso de que la Iglesia no te subvencione el router nos tiene a todos empantanados, y eso que este Papa va a nombar santo a un obispo homosexual inglés.. Igual si le enseñas mi blog... jajaja.

Cari, tu post lo entendí todo menos lo de vaca..¿qué es un vaca? jajaaj Creo que es un animal que en Galicia está a punto de extinguirse no? Yo este verano en Cobas no ví un un carro de vacas, la verdad.

Bueno, un placer, leerte aunque sea poquito.

Bezos.

Thiago dijo...

Ah, se me olvidaba...¡dibujas muy bien!

oko dijo...

a min pasoume algo semellante o ano pasado, cando á miña nai se lle deu por facer limpeza no faiado. entre libros de texto e monecos, case me caían as bágoas. mágoa que nos fagamos maiores tan axiña :(

Carlos Sousa dijo...

Vaia mistura, a mín xa me chamaron o un pseudoromántico, e tí un melancólico. Si o final vamos facer unha boa parexa

paideleo dijo...

Nos faiados temos o noso pasado que non ten marcha atrás.
Debuxabas ( aínda debuxas ? ) mui ben.
Un saúdo e a ver se recupero o ritmo blogueiro.

Anónimo dijo...

Os mais nitidos e sentimentales recordos de aquela edad non son a primeira gorra de mariñeiro de terciopelo azul celeste, nin as naranxas chupadas na pérgola de anha playa de augas verdes oscuras, nin tampoco os engallados cabalos piafando en vano na pista de madeira, nin siquera o primeiro escalofrio sentido xunto a unha nena de labios entreabertos. Recordo, en cambio,todavía con infantil deseo, o mue primeiro ou segundo libro de escola -pobre, humilde e soso libro de lectura encuadernado con tapas amarelas-
Xa está ben, que me lanzo e logo non dou acabado. Debe ser a nostalxia do otoño, a estacion que mais me gosta. Apertas, Rico y santo... "o rápido" como di Thiago.

♥ meninheira ♥ dijo...

Qué mensaxe tan bonita!
Os meus parabéns, debuxas moi ben :)

lua dijo...

moitos soños, moito aburrimento supoño...por certo eu tiven un boli dises de moitas cores a verdade non sei pra que pois non che daba a man pra poder escribir algo con el...bicos

fgul dijo...

hehehehe!!

...temos post melancólico eh?

fermoso debuxo, a todo isto!

Beni Lago dijo...

Tes razón Thiago, non estou moi pródigo en posts ultimamente, procurarei escribir máis a miudo. En canto a Carlos, Quén sabe, o mellor algunha vez empregou tanga ¿?. Procuraré que tu blog llegue a la alta sede, jejeje.

Oko, o de facerse maior eche unha putada, pero sempre serve para seguir acumulando máis recordos no faiado. Unha aperta.

Carliños. Estou seguro que facemos unha boa parella. Quen sabe, o mellor somos quen de facer un blog tan popular que ata o mismísimo papa coñeza os desaparecidísimos carros de vacas.

Paideleo, os blogs e o que teñen, que cada un segue o ritmo que pode ou que quere. Saudiños a Leo.

Rico e Santo, aínda que te coñezo un pouquiño, cada día sorpréndesme máis. Se no fundo levas gardado un poeta sentimental. Vémonos nas tertulias.

Meninheira, gracias polos teus parabéns, seguirén poñendo de cando en vez algún debuxiño.

Lua (encántame o teu nome... non podía ser doutro xeito para un ave nocturna coma min) Non sei se se seguirán vendendo os bolis eses. Unha aperta, espero seguir´léndote por aquí.

Pois sí Manuel, de cando en vez e bo poñernos un chico sentimentaloides.

Moitas gracias a todos polos vosos comentarios.

Carmen Martínez Torrón dijo...

Si que da pena crecer, parece mentira que incluso me emocione viendo fotos de hace 5 años.. en fin..