lunes, 14 de julio de 2008

Pontes de paso 11- Ponte enxebre

Lémbrome que nunha ocasión, Carlos comentoume que se atopa con moitos posts en distintas bitácoras que teñen que ver con recordos de tempos pasados. Iso e certo, e imaxino que a razón é que a hora de poñerse a escribir un deixa aberta a mente (por decilo de algún xeito) e sobrevéñenlle recordos, sobre todo da sua infancia e adolescencia; que (salvo algunha salvedade) foron tempos sin tantas preocupacións e polo tanto felices. Bendita nostalxia. De tódolos
xeitos non estou de acordo coa máxima de que "Calquer tempo pasado foi mellor".

O outro día fomos a sacar unhas fotos (máis ben sacábaas Sousa, xa que se converteu por méritos propios no reporteiro gráfico oficial, jejeje), e eu para seguir facendo honra ó título de "aqueste" blog, arrastreino para que lle sacase unha instantanea á ponte que podedes ver acompañando este texto. Estas dúas madeiras mal postas levan vendo pasar por encima a pescadores, paseantes, solitarios, parellas de namorados buscando intimidade, tríos de namorados buscando intimidade, traballadores do campo (un saúdo a Mucha), e a "andantes" varios, durante moito tempo.

Fai xa algúns anos eu tamén o adoitaba cruzar con certa frecuencia; entre outras razóns porque cerca hai unha plantación de mazás que están (estaban) de p...isima madre. En fin, deixando ó carón a nostalxia, a moralexa deste post é que non todo o que parece fráxil o é realmente. Imaxínome que se estes simples taboleiros falasen, contaríannos un par de cousas interesantes.

Supoño que moitos de vós, recordará tamén eses lugares que noutro tempo foron "especiais" (e non me refiro ós picaderos). O que fai especial a calqueira lugar son as distintas historias que lles suceden ás xentes que momentaneamente o transítan; aínda que sexa nunha ponte tan fea como a que ilustra esta entrada.

Hoxe en día os lugares en que nos suceden acontecementos máis ou menos transcendentales adoitan ser máis ruidosos e estar máis concorridos.

4 comentarios:

paideleo dijo...

Só co trío de namorados xa tería a ponte unha boa historia para contar.

Os lugares do río Louro que menciono están detrás do que era Himahe ( Fos ), detrás de Queen ( Solombo ) e en Mos o Peirao.
O río despóis de pasar polo Porriño é unha cloaca.

Beni Lago dijo...

Pois sí, "paideleo"; é unha mágoa, pero moitos ríos e lugares que antes eran fermosos, están feitos unha verdadeira merda: acabamos con todo. As veces penso si o diccionario acertou dando a definición de "Progreso".

Un pracer ler os teus comentarios. Saudos a Leo dende este lado da ponte.

Mer dijo...

Ás veces o máis sinxelo é o máis fermoso e o mellor á fin para tódalas cousas desta vida.

O máis sinxelo lévate polo camiño máis curto.

O máis sinxelo lévate pola vía máis tranquila.

Apertiñas

Thiago dijo...

Ya leí en el blgo de Stultifer que si el hablaba de escaleras vosotros ibais a hablar de puentes, jaja qué buena idea y que buena foto, aunque da un poco de miedo pasar por ahi, no?

Bezos