Xa nos rematou este agosto, que ó final parece que si trouxo o calor, e polo tanto escomenza setembro e os seus conseguintes cursos. Algúns apetecibles, que xa se botaban en falta e outros xa non tanto, que parece que aínda remataron onte.
Escomenzan as ligas deportivas, e por iso en Areas este domingo pódese dicir que foi un día especial. Debutou o Cultural Areas en categoría nacional, despóis de acadar o ascenso á Terceira División. Fixoo empatando no Campo da Lomba, contra o Alondras de Cangas. Non é que fora un resultado moi bo, pero polo menos é un principio, todo o que non sexa perder este ano pode ser positivo. Nos prolegómenos do partido fixéronlle entrega ó clube do trofeo de campión do ano pasado, o cal fixo que houbera bastante asistencia ó campo.
(Non fun ó campo polo que desta volta non teño fotiños)
Con respecto a Escola de fútbol do Condado (donde como xa conten xoga meu fillo), os adestramentos xa escomenzaran anteriormente, pero este domingo tivo lugar a presentación no campo de Angoares de tódalas categorías do clube. Isto cada vez vai a máis, cun montaxe máis propio dun equipo de estrelas deses de primeira división. Os xogadores ían saíndo o campo un por un por categorías, mentras os nomeaban por megafonía. O encargado desta función foi Terio Carrera, presentador de deportes da TVG e veciño da nosa parroquia de Areas. Todo un detalle pola súa parte acudir tódolos anos a este día festivo da escola. Na foto saen os compoñentes da escola, máis ou menos sobre 300, picade mela para vela máis grande.
Este é Hugo, o máis cativo con tan só tres aniños. Cada vez son máis precoces.
Pero tamén escomenza a escola, e aí os rapaces xa non están tan contentos. Pero aquí hai algún "problemilla". A meu fillo tócalle estrear instituto. isto sempre sería unha nova agradable, sobre todo despóis dos problemas que houbera para conseguilo. Pero a falta de uns dez días para que comencen as clases, isto está todo no aire. Agora resulta que aínda lle faltan algúns servizos, tales como a auga, luz e saneamiento. Case nada... E o peor, nin tan siquera ten accesos, pola estrada nacional parece ser que non lla deixan facer, e polo outro lado que podería ser trátase de terrenos particulares e parece que hai problemas.
Isto parece de chiste, vamos. O que conleva facer un edificio para ese fin, coa de arquitectos e outros expertos que duberon traballar no proxecto , e que deixen pasar un detalle destes, paréceme inaceptable.
Este ano tócame escolarizar á miña pequena (xa me imaxino os primeiros días, vaia festiñas vai facer...). Aquí tamén tivemos os nosos problemas, pois querían pechar a escola unitaria de San Mateo, que me queda ó lado da casa. Ó final, despóis de moito traballo, recollida de firmas e reunións co alcalde, logrouse evitalo. Para min paréceme o máis acertado, pois se ben nos colexios de Ponteareas igual dispoñen de medios máis modernos, nestas escolas de aldea, penso que o trato pode chegar a ser máis personal e os pequenos de momento estar máis no seu entorno viciñal. O de mandar a miña de tres anos en autobús, dende logo non me facía ilusión ningunha, e claro, ó traballar a ver como faríamos para levala nos.
Outra nova que vin hoxe na rede, e despóis no Faro de Vigo, foi a da ponteareana, Rosa Amoedo, que como pon o titular, conquistou América. De empregada da limpeza chegou a conquistar un Premio Emmy, como perruqueira dunha televesión. Case nada.
(Picade para ler a nova)
Máis ou menos así escomenza setembro. A ver como remata, que as previsións non son nada boas e co da gripe A xa non digamos. Me parece a min que o servizo de urxencias vai a estar un pouco saturado.
Para rematar comentarvos que este sábado día 5 terá lugar a Feira Tradicional. Esta é a do ano pasado.
martes, 1 de septiembre de 2009
Setembro, e o que conleva
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
A verdade e que non sei como comenzar:penso en Rosa Amoedo, toda a sua familia amiga e ela tamen amiga dende hay cerca de 20 anos, conocina co bautizo do seu fillo, veu dende USA a bautizar a Paredes.Unha gran currante e como persoa, xenial. Cando mirei o teu blog, sentime emocionado...Bravo por Rosa e graciñas por esa alegria. Ricoesanto
¿pero logo non pensas escribir en todo setembro?
:-)
digo eu,
como metiches tantas cousas neste post, sería por aforrar entradas posteriores, logo.
;-)
espero que se arregle o do instituto do teu fillo.
(e que sigas con novas entradas no blog)
Que sorte vae ter o Carlis,je je je je.
Case que xa estamos no nadal,pensa en quitarlle horas o meu pra ir aforrando pos regalos.....bueno sempre pode chegar alghun paquetiño ja ja ja.
Espero que este mes entrante nos encontremos na terraza da plaza(city)
PRAADIANTE
Non te preocupes polo da gripe. Seguro que non é para tanto. Que teñan un bó comezo de curso logo os teus filliños.....Bicosssss
Dá gusto ver tanta xente nova preparados para o deporte,son unhas fotos preciosas e... xa tiñas ganas de escribir non? .Saúdos desde Marín
Bueno, la cosa se presenta movida, lo del instituto no tiene nombre. Una cosa es que casi todos los años fallaba algo, faltaban profesors, etc... pero que este asila cosa aun...
Eso si, ya he visto que el PP que lo va a arrglar todo, claro, empezó por cambiar LA IMAGEN DE LAS GALEGOESCOLAS y en vez de una casa ahora va a ser una gallina...¡Eso se llama ir a lo imporante! si señor.
bezos
Habrá que seguirlle os pasos a Hugo.....
Pois si extrapolamos tanta nova para todos os dias de setembro, vades a ter un setembro ben movido.
O do edificio do instituto parecese á forma de pensar dos grandes gurús da economía. Rompen a cabeza facendo grandes ecuacións para que o sistema económico funcione e resulta que todo rompe por un dos catro pes de soporte: non se pode gastar mais do que se gaña.
Xa o dician nosos antergos: "o que bota as patacas na leira do veciño....."
Saudos
Ti sí que podes decir que septiembre novo vida nova,porque cambios tés a bondo,no do instituto contarche que por aquí pasou algo parecido,aprobaron un presuposto en maio,comenzaron a obra en xulio,pararonna e comenzamos o curso en Outubro,así que xa sabes paciencia e movilizacións que é a única forma de que nós fagan caso.
Para o Hugo moita sorte e forza.
bicos.
buffff; ou sexa que hai traballo arreo para todo o més. ...meu pobre...
Cando te animes a unha camiñata... xa sabes!!
guau! volvo cun noticieiro cheo!!! que tal vai?? moitos bicos!
Moitos son os chamados pero poucos os escollidos, jajaaja
Todo padre quiere tener a Cristiano Ronaldo en su familia pero su fisico solo lo tengo yo y unos poquitos mas, jaja
bezos, cari, feliz finde, recordos ao programador, que igual xa ten traballo....
Rico e santo, esquecinme de dicir que Rosa Amoedo era de Paredes (por certo, haberá alguén en Paredes que non teña ese apelido?), parroquia donde estiveches varios anos. Normal que te sentiras emocionado.
Zeltia, non vades ter a sorte de que deixe de escribir, jeje, isto e un vicio. Cadrou así.
Brabido, quitareille horas ó "teu", e xa sabes, sábado na praza para mirar ó Tenorio, jeje.
Hadex, se preocupado non estou, ó contrario. O que vexo vir é que os centros de saúde vanse colapsar pola sicopsis da "xente".
Abuelos Cris y Toño, si que da gusto ver con que gañas toman o deporte, non deixan de ser unha familia. A marea amarilla.
Thiago, tódolos anos falla algo, pero esto do instituto ´de escándalo, a ver como remata. O da galiña... máis que escándalo. Que ben te soltaches en galego desta volta, iso está ben.
Artabria, a Hugo de momento siguenselle ben os pasos, cando medre non creo que poida correr moito detrás del, jeje.
Barreira, tamén dicían "non se poden botar os carros antes cos bois", iso é o que pasa sempre. Despóis todo e a correr e a remendar. Gurús da economía??
Vermella, por desgraza as movilizacións son moi importantes, e sen elas as veces non se consigue nada. Pero isto vai camiño do teu exemplo.
Manuel L., iría encantado a esa camiñata, pero dame que queda un pouco lonxe. Sempre sería agradable sacar unha foto no cruceiro, sería un bo premio.
Lúa, benvolta, canto tempo... Xa ves, seguimos por aquí, máis bicos, entón.
Tería que facer varios comentarios, dada a amplitude do post, pero por preguiza só che fago un.
O da Educación neste país é de vergonza. É unha mágoa o peche da unitaria e, desgraciadamente, tamén vai ser unha mágoa, pero moito me temo que o instituto novo non empece a andar ata outubro. Pero... xa se sabe, a austeridade da Xunta...
Un saúdo.
Publicar un comentario