martes, 15 de julio de 2008

Ruta dos Penedos

Quen visite por primeira vez este blog, ó mirar tantas igrexas e ó referirnos o noso "amigo Manolo", párroco de Areas; pensará que entrou nun blog do Vaticano, que nos queremos meter a curas, que somos uns beatos, ou as tres cousas. Nada máis lonxe da realidade, non somos para nada relixiosos; o que acontece e que nos gustan os monumentos e calqueira cousa que teña que ver coas "pedras", e se hai unha institución que ande sobrada de ámbalas duas cousas, esta é sen dúbida "A institución eclesiástica".

Neste caso non vou a falar da devandita; pero si de pedras, e bastante fermosas, por certo. En concreto de dous penedos que por sí sólos xa atraen a bastante xente para observalos, pero que en conxunto configuran unha ruta (xunto con outros) que poden percorrer perfectamente a parella de namorados a cal se referiu meu colega Beni no Post anterior.

Aínda que na Vila de Ponteareas hai moitos penedos, os máis chamativos son "A pena dos namorados" e a "Pena do equilibrio".

A "Pena dos namorados" (cuxa imaxe podedes ver ó principio desta entrada), esta sita na parroquia de "Arcos" (Na Nacional 120, a 2 km. de Ponteareas en dirección A Cañiza), e forma parte dun conxunto natural de restos de bolas graníticas. Sobre esta pena, que ten forma de dolmen xigante, existe unha lenda que dice que as mulleres casadeiras, collían tres pedras e tiránbannas sobre ela; se quedaban enriba, era sinal de que conseguirían casarse có seu namorado. Así que se algún día a visitades e mirades a alguén tirar "cantos rodados", non pensedes que se volveu tolo.

O entorno que a rodea estivo bastantes anos abandoado, agora está bastante ben sinalizado e limpio; algo, polo menos estase a facer ben.

Do outro lado da estrada nacional, hai un ramal que sube ó Monte da Picaraña; nada máis empezar a subir, a dereita encóntrase a "Pena do equilibrio". Se a observamos de cerca impón, pois (como o seu nome dice), trátase dun penedo enriba doutro; pero cunha base de unión mínima, e coa pedra superior lixeiramente ladeada. Dá a impresión de que vai a empezar a rodar ladeira abaixo; a verdade que non tiven moito cuidado cando aparquei o coche, jejeje.

Despois a ruta seguiría ata o Monte da Picaraña, donde existe unha capela pequena (outra vez "con el clero hemos topado", jejeje), e un vía crucis, que dá ata a cruz maior. Dende alí podemos deleitarnos cunhas vistas da vila nada despreciables.

Aquí celébrase no mes de Maio, a romaría da Picaraña; moita xente acude dende Ponteareas e os seus arredores a pé ata o monte para pasar un día de festa, os máis novos xa suben o día anterior, a "dormir a intemperie e disfrutar da natureza" e como non, dunha noite de "farra-xolgorio".

Outra lenda dice que había un tunel (de feito a boca ainda existe) que comunicaba o monte co Castelo do Sobroso e que usaban os nobles para sair do castelo sixilosamente. É unha lenda claro, pero "Cando o río sona..."

A ruta seguiría hacia o Castelo e o "Castro de Troña"; pero este xa é material para outro post que subirei algún día destes (máis que nada porque ainda non teño suficiente material fotográfico).

8 comentarios:

Mer dijo...

Gustoume a "pena do equilibrio", é impresionante, da a impresión de que caerá en calquera momento.

Saudín

paideleo dijo...

Eu nunca estiven no penedo dos enamorados pero gustoume visitalo virtualmente.
Calquera día fago unha excursión para visitalo.

LM dijo...

carai...que impresom a pedra do equilibrio...

Neme dijo...

Xa atopei a reportaxe da varanda. Ten moitos máis contidos interesantes. Hai que seguir poñendollos.

asbeirasdoarnego dijo...

Menudo equilibreio ten ese penedo, eu creo que con movelo cun dedo. Pataplof!!! todo ciscado.
En fin, como dis ti un saúdo entre Sousas.

Thiago dijo...

La verdad es que la peña del equilibrio acojona que te cagas... pero pensándolo bien, no... ahora que caigo siempre da mas miedo el amor, jajaja

Bezos me ha encantado este post por su petrea belleza y sencillez.

Y no hace falta que os justifiqueis tanto con lo de la iglesia, que yo no le voy a decir a nadie que ayer os vi salir del rosario y de la novena a San Benitiño, jajaja

Bezos.

Anónimo dijo...

que peniña que non lle caíra enriba do coche jaja

Anónimo dijo...

Ola! viñen devolverlle a visita a Carlos Sousa e xa estiven chusmando por eiquí. Vexo que ainda que este parece un bló colectico, os que máis escriben son el e Beni.
Escribín nesta entrada porque teño moitas fotos nesa ruta dos penedos (traballei moitos anos en Porriño)e me fixo moita ilusión volver a velo.
En fin, un biquiño. Voltarei,e non é unha ameaza ;)