jueves, 11 de marzo de 2010

Fai máis ou menos dous anos

Fai máis ou menos un ano publicaba isto. Daquela viña dicindo que este blog cumpría un ano falando de Areas, Ponteareas, arredores e demáis chorradas que se nos ocurrían.
Agora entón, polo simple feito de pasar un ano, podemos dicir que Dende Areas cara á Ponte cumpre dous anos. (Menudo traballo me levou chegar a esta deducción, de aí que levara dúas semanas sen publicar nada...).

Se no primeiro ano publicara 170 entradas, neste ano quedámonos en 70. Que se tamén lle botamos conta de que antes eramos dous a escribir, e agora soamente un, pois tampouco está tan mal (Se me les, xa sabes Beni, non hai excusas).

Sego a dicir que estou encantado con este invento dos blogs, é outra forma de ler e enterarte de todo tipo de noticias ou divagacións persoais da xente, xente que vas considerando como amigos aínda que non os coñezas, xente que fai que segas adiante co invento, xa que demostra que lle gusta o que fas. En resumen, non é que estea enganchado ó blog, pero sempre estou a barrenar con que poñer.

Neste ano teño escrito sobre temas propios da zona, canastros, cruceiros, carros de bois, o casco vello de Ponteareas (con "v", non con "b") ; de deportes de Areas como a victoria na final de copa do AreasF.S., o ascenso do Cultural Areas a Terceira División Nacional; Festas e romerías, como a da Picaraña, a Festa do polo á brasa, San Benitiño de Angoares; e moitas máis chorradas con maior ou menor importancia.

Grazas a isto dos blogs, disfruten duha fin de semana en Viana do Bolo por mediación de Xulio Couxil e a súa radio e blog "Sempre en Galicia", ó cal coñecín alí (xa sabedes que ainda ten pendente o sorteo dos reloxios). Tamén coñecín fai uns días a Paideleo, todo un veterano nisto, a Brabido xa o coñezo dende hai tempo, jeje; pero sobre todo, grazas a isto doulle máis importancia a algunhas cousas que antes me pasaban máis desapercibidas ou non lle daba tanta importancia.

Como na reportaxe do ano pasado, aquí quedan unhas fotiños publicadas durante este ano:



A ver que lle depara este terceiro ano de vida a este blog, procurarei que chegue a cumprilo. Graciñas a todos por pasarvos.

9 comentarios:

matrioska_verde dijo...

rsulta que son unha das últimas persoas en chegar ó teu blog e vou ser a primeira en felicitarche.

gústame eso que dís "non é que estea enganchado ó blog", e eu engadiría no meu caso "pero casi".

pásame o que dís ti, sempre estou pensando en cousas que contar, ou fotos que facer para poñer.

é todo un mundo novo... o meu blog fixo dous anos en decembro, aínda é pequerrecho.

xa sabes, si este ano ves por Narón coa tua familia pois non dudes en decirmo e así engadirás mais xente blogueira por coñecer, Congo y yo estaremos encantados de compartir un café ou un viño.

biquiños,

Thiago dijo...

Pues enhorabuena cari.. ya está bien, a qué parecía imposible estar dos años hablando de cosas así tan cercanas y locales? Pero al final, como tu dices "se piensa en blog" ya, que es una manera de ir por la vida captando todo y pensando en como ponerlo, jajaja

Bueno, dile a Beni, que efectivamente no se esconda tanto, que aquello de la disculpa del wifi do señor prego xa non cola, jajaa que vaya buscando outra.

Y a ti todas mis felicitaciones, por esas cosas de los blogs seguimos en contacto, a pesar de tener unos tan distintos, pero siempre es una alegría ver tu nombre entre mis firmantes... Eres un bloguero que te siento muy cercando, que ya conozco a tu mujer a tus crios, el instituto, no sé, te haces muy familiar, jaaj Solo falta un post de tu coche, jajajaja

Bezos, cari. y a seguir.

Paz Zeltia dijo...

pois eu tamén te quero felicitar, por manter o blog activo, e botarlle entusiasmo.
tén razón Thiago no senso de que te fas unha persoa cercana, e a través dos teus post e coma se foramos coñecendote a tí, á túa familia, e por suposto a ponteareas, ¡quén mo ía dicir a mín! pero é unha das cousas boas dos blogs,
que vas atopando con xente e con cousas e intereses que doutro xeito probablemente non espertaran a nosa curiosidade.
eu dos blogs que leo frecuentemente, só coñezo persoalmente ás autoras de Artabria e La vida a Cuestas, que precisamente están os dous parados arestora... pero se non imos quedando polo camiño, estou segura de que terminarei coñecéndovos a todos vós. Xa lle cadrará.

Moito ánimo, felicidades, y que no decaiga!
(e agora marcho tomar un pouco polbo cun mencía, que despois de alimentar o espíritu, hai que alimentar o corpo!)

HADEX dijo...

Felicidades logo!! A ti e ao teu blog. Como din por aí, este da blogosfera únenos as xentiñas que gostamos de falar e compartir...e ti es un mestre compartindo!!!

Moitísimos bicos!!!

Antón de Muros dijo...

¡Ola amigo!

Parabéns polos dous anos.

Deixo unha forte aperta e ¡adiante co blog!

Antón.

Carlos Sousa dijo...

Aldabra, ten por seguro que se me acerco por Narón, habemos de tomar ese café ou ese viño, depende da hora. Como xa dixen, un anda pendente do que poida atopar e unha das cousas en que me estou fixando e ver se atopo unha serea para mandarcha.

Thiago, si, quen mo ía dicir, que a parroquia e Ponteareas me ían dar para tanto tempo. E me gusta que me des ideas, un post para o meu coche non viña nada mal, pois cumpre anos un día despóis ca min. E coidado! vai cumprir a maioría de idade, 18 anos, case nada para o meu "forito". Eu cumpriren algo máis, jeje.

Zeltia, que tal co polbo e o mencía? Xa tes todo alimentado... Pouco a pouco, como dis, a ver se nos vamos coñecendo todos. Era bó, unha xuntanza blogueira, como unha que fixeran cando aínda estaba a empezar con isto e aínda non tiña "confianza". Se viñeras por Ponteareas avisa, que aquí tamén temos polbo, mencía ou aínda que sexa un condado.

Hadex, compártese o que se pode e claro que me gusta, tanto na vida real como nesta, na virtual, sempre que se poida, claro...

Antón, seguiremos adiante, e que nos leamos dende tan lonxe.

Graziñas polos parabéns para o blog.

Thiago dijo...

Si que Beni vino polo miño blog a dar señales de vida, y no vino por el tuyo para felicitarte por el aniversario? que antipatico, jaaj

No le pagues la proxima caña en el "guarro" que seguro que en Areas, tb. hay un bar que se le conoce por ese nombre, jajaja

Bezos.

BRABIDO dijo...

jE JE,Eu tamen te coñezo dende fai un "par" de anos,que teñas un bo aniversario,o brabido tamen cumpleun ano por esta fechas,xa pagaras unha ...... no...


VEMONOS

Thiago dijo...

Al final si que hablé con Beni un rato ayer por MSN, pero no mucho, que pechaban el guarro, y Beni tuvo que "botar por riba" o café a toda ostia, jaajja


Bezos.