domingo, 6 de abril de 2008

Os nosos ríos - A troita

Con certo retraso xa, posto que xa hay uns días que escomenzou a tempada de pesca, vouvos a falar un pouco da raiña dos peixes en Galicia; estoume referindo, como non, a Troita. Este vez non sei de ningún pescador coñecido que teña fotos mostrando as suas capturas, así que teredes que conformarvos con fotos xerais.

Eu non estoy moi o tanto de cal é o estado dos nosos ríos en canto a pesca se refire, pero teño entendido que hoxe en día coas minicentrais e encoros, así como coa contaminación dos ríos, a nosa troita ten moi dificil sobrevivir. Así que desde aquí fago un chamamento (anque sexa predicar no deserto), para que entre todos procuremos na medida que nos sexa posible contaminar menos os nosos ríos; e á Consellería de Medio Ambiente, que se defina e poña remedio xa; non pode deixar que os mellores ríos morran con contaminacións diarias, depuradoras que non funcionan, vertidos incontrolados e minicentraís impresentables. Un berro a favor dos ríos galegos e das troitas, este peixe merece tódolos honores e témolo que conservar a toda costa.

Eu non son pescador e nunca tiven demasiada ilusión por coller unha cana, pero teño que recoñecer que é un exercicio físico moi san, ademáis de que os ríos e regatos onde se práctica este deporte están situados en medio de paisaxes, indiscutiblemente marabillosas. Non descarto nun futuro ir de cando en vez a pescar, xa que é un exercicio ó aire libre moi completo; engloba o excursionismo, a marcha, a gimnasia, o camping, etc. Esixe por tanto algunhas cualidades físicas e tamén morais, aparte de certos coñecementos.

En palabras dun pescador, así é como describe este "deporte-pasatempo": «A pesca da troita prodúceme recollemento, borracheira de aire puro e ledicia de vivir. Produce alegrías inmensas, como poden producir outros deportes. De feito a pesca da troita leva implícito varios encantos: as preparacións da véspera, a revisión do material ó día seguinte, as partidas ó amañecer, o contacto có río, o seu son, os amigos, a astuta loita que se libra ese día, a ledicia das capturas, as desilusións, os imprevistos, as charlas posteriores, as comidas a carón do río (calquera cousa sabe moitísimo), os soños cando inda non está aberta a tempoada de pesca ,"Cando o tempo non é tempo non pasa o tempo", etc.»

Non quero meterme en moitos detalles técnicos, pero a modo de curiosidade, esta sería a clasificación da nosa troita:

Clase: Actinopterigios
Orden: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Xénero: Salmo
Especie: Salmo trutta
Subespecie: Salmo trutta fario.

Dúas son as especies de troita que predominan nos ríos galegos: a troita "Fario" (autóctona) e a troita "Arco Iris" (orixinaria de América). O normal é que a troita mida entre 15 e 25 ctms. en regatos e ríos de montaña, pero pode alcanzar ata 1 metro en grandes ríos e encoros. Unha troita pode vivir ata 18-20 anos, anque o término medio está entre os 5 e 7 anos.

A nosa troita autóctona e un peixe de pintas vermellas, negras, ou mezcla das duas; dependendo do lugar onde viva. Estas pintas teñen un halo blanco ó redor. Nos flancos presenta unha cor olivácea amarela; por riba no lombo é negruzca e por baixo tira a blanca amarelada.

A cabeza é grande e ten dentes, ademáis de nas mandíbulas, no ceo da boca e na lingua. A boca rebasa a vertical do ollo e o corpo soe ser como catro o cinco veces a cabeza. Por riba do lombo ten dous aletas unha delas pequena e adiposa situada preto da aleta caudal e soe ter una pinta vermella. Por certo na aleta caudal non soe ter pintas. O resto de aletas (ata sete) son as típicas (que fan de estabilizadoras, de timóns e de frenos).

Como non quero resultar demasiado pesado, nin facer esta entrada demasiado cargante, ata aquí a miña particular homenaxe ós pescadores e a este fermoso animal e saboroso manxar.

A seguinte imaxe a do río da "pereira" (da nosa parroquia), o seu paso pola "pesqueira". Coido que con este nome xa se di todo, non sei que cantidade de troitas se chegará a coller, pero como teño visto a bastantes pescadores o longo do río, imáxino que algunha cousa se pescará, anque sólo sexa unha molladura.



P.D. Parte desta información foi recadada da web: http://www.rios-galegos.com/

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Incrible. As fotografías e o texto está copiada da miña páxina web. Polo menos cita o autor.
As cousas non se fan así...
Secundino Lorenzo
Páxina web "A vida nos ríos galegos".

Beni Lago dijo...

Querido amigo Secundino, a miña intención non era molestarte nin plaxiar para nada o estupendo traballo que tes na tua web; simplemente como escomenzou a tempada de pesca quixen poñer un post ó respecto e recadei en internet información sobre a troita, visitei varias páxinas, e anque estou de acordo contigo que parte da información así como algunhas fotos están collidas do teu "site", non era a miña intención facer unha transcripción literal. Se ben cometín o erro de non nomearte, erro que xa enmendei facendo unha PostData cunha ligazón a tua web. Se ainda así te consideras plaxiado so tes que decirmo e retirarei inmediatamente tódalas referencias, textos, fotos e demáis da túa páxina.

Dito isto, e aceptando a tua "bronca" (Prométoche que xa me flaxelei un pouco), estarás de acordo conmigo que se algo fai especial internet e que a información vai e ven e todo o mundo a emprega (dentro dun límite) como cree convinte. Dubido moito que tódolos datos, fotos e incluso textos que tes na túa web sexan da tua propiedade en exclusiva. Si estou equivocado felicítote e quítome o sombreiro ante a túa integridade.

Como non teño intención de entrar nunha guerra de propiedade, e moito menos se comparamos o noso humilde blog coa túa gran páxina, de novo che pido disculpas coa promesa de borrar o texto que creas que che perteneza.

Un saudo