domingo, 9 de marzo de 2008

Acerca de Areas

Da revista "A Varanda", a cal xa mencionei na entrada anterior é este completo artigo adicado a nosa parroquia e firmado por Gloria Bugarín Fernández. De paso tamén serve como presentación cara a este blog do lugar que nos veu nacer.

AREAS, UN ANACO DE TI

Areas está situada na provincia de Pontevedra, pertence a diocese de Tui-Vigo e ó Concello de Ponteareas. Está sita a corta distancia e sobre a marxe dereita do río Tea, con boa ventilación, e clima bastante san. Conta cunhas 300 casas distribuidas en diversos barrios. Agualevada, Alemparte, Cruz, Ganade, Gándara, Lomba, Peso, Picoto, Porto Castro e San Blas; e outros máis pequeños, como son: A Porteliña, Bazoca, Pardiguel, Samil, Fos, Abelán, Burguete, Visada, Outeiro, Cabadiña, Torre e Cabededas.

A parroquia confina con San Xurxo de Ribadetea, San Lourenzo de Arnoso, San Pedro de Angoares, San Xulián de Guláns, San Salvador de Cristiñade, Santa Marina de Xinzo e coa capital do partido Xudicial.

É bañada en parte polo río Tea, o cal baixa a unirse ó río que ten orixe nos montes de Xinzo, parroquia que lie da o nome; cruza pola feligresía e recolle os derrames de fontes (como a de Santimouro) e de pozas que se atopan na parroquia.

Tamén participa de montes poboados de piñeiros, castiñeiros, eucaliptos e toxo. Ten ademáis moito terreo destinado ó cultivo de millo, viño e sobre todo horta, como unha fonte máis de riqueza da parroquia. Tampouco carece de pastos; críase gando vacuno, cabrío e lanar.

Aínda se conservan na parroquia varios muiños nos que antigamente se moía millo e trigo, exemplos destacados son: Baluarte; Candendo; o de D. Camilo; o da Levada, que pertenceu en tempos os señores de Sánchez; un da familia Paz (Ferrador), cerca da Fos; e outro na Fos, que pertenceu os herdeiros de Don Eugenio Ucha.

A parroquia conta ademáis con distintas construccións dunha importancia considerable:

Por un lado a Igrexa Parroquial de Santa María de Areas, que é considerada de curato de primer ascenso e patronato Real e ordinario; foi levantada en 1878 en sustitución da anterior, situada na Fos. Ó lado da igrexa está o cemiterio.

Tamén contamos cunha fabulosa casa rectoral de pedra que data do ano 1703 e que ten planta en forma de U; e dúas cápelas: a de S. Lucía, do século XVIII e a de S. Blas, do século XVII. Hay unha terceira cápela na parroquia que foi propiedade dos señores da Pesqueira; sigue sendo de propiedade privada e está rodeada dunha gran finca e monte da misma propiedade, onde se di que incluso en tempos se enterraba xente; esta misma finca conta cunha casa que hoxe está en ruinas.

Do século XVIII tamén é o pazo do Porto Barreiro, pertenceu ós Ponce De León. Hai outro pazo no barrio de San Blas ó lado da cápela que pertenceu ós 'Señores de San Blas'.

A parroquia conta cunha escola de educación infantil na Bazoca e con outra en Ganade, ademáis dun centro de Formación Profesional: 'A Granxa Escola', situada na finca da Boa Vista, que nos seus tempos pertenceu a un home cunha gran lenda: 'Fresco'. A devandita finca conten no seu entorno unha casona típica galega, ésta foi vendida dúas veces despóis da morte do Fresco e posteriormente pasou a ser un centro de estudios.

Destacar tamén a existencia de distintos cruceiros na parroquia, dos cales algúns aínda se conservan, tal é o caso do que está detrás da casa rectoral, o que está en San Blas ó lado da cápela, o que hay en Ganade e o que perdura na Gándara.

Habría que reseñar tres cruzeiros máis que na actualidade xa están rotos: o que estaba na Pesqueira ó lado da cápela, o que hai nos Cañotos, e outro que estivo no baldío, no lugar que chamaban "Cabada do Cura".

No baldío tamén se atopa a que din que foi a sepultura do frade. Está concretamente no Pardiguel, un pouco máis arriba do campo de fútbol, que leva o mesmo nome, e do cal xa ninguén fai uso. Desa sepultura somentes queda a lápida, que non é máis que unha pedra cunhas inscripcións, pousada no chan e que xa foi cambiada de sitio debido ás pistas que se abriron no baldío. Aínda así segué estando no monte, e o lugar no que se atopa coñécese eos nomes de "Onde morreu o Frade" ou "A Cova do Frade".

Podemos reseñar que en Áreas houbo varios petos das ánimas, pero soio se conserva un en Ganade que, por certo, está en moi boas condicións; os vecinos soen telo amañado. Disque houbo outro no Porto Castro pero déste xa non queda nada.

Habemos de recordar que aínda se conservan algunhas canles para a auga das de pedra, que atravesan o río e que todos deberíamos velar pola súa conservación, e que cando se arranxasen non se sustituan nunca por unhas de cimento, xa que esto destruiría a súa beleza natural e tamén a do seu entorno.

Acabando xa coas construcción e monumentos hai que reseñar que a nosa parroquia é moi coñecida e importante debido a que é na que máis cantidade de industrias se atopan afincadas en todo o Concello. Iso xa ven dende moi antigo coa construcción de distintas fábricas de madeira como foron a da Carballeira e a do Alto.

Hoxe en día serían moitas empresas as que merecerían mención pola súa importancia en distintas materias como son: as carpinterías de madeira ou aluminio, derivados do cemento, granito, avícola, talleres de reparación, cerraxerías, talleres de persianas, excavacións, construcción e outras moitas que farían unha longa lista.

Xa, como remate, comentar certas curiosidades moráis que se deron en tempos na nosa parroquia:

En 1724 D. Fernando de Arauxo e Queipo prohibe os seráns - que eran reunións de mulleres que se facían á caída da tarde para fiar-, leva-la cruz, pendóns e imáxenes á casa do maiordomo entrante e tamén as comilonas e festas.

En 1731 manda rezar o rosario tódalas tardes eos eclesiásticos e feligreses de xeito que fosen de día para a casa.

Ata aquí unha pequeña historia da nosa parroquia na que de seguro faltan moitos datos dos que non tiven coñecemento e dos que espero qué vostedes me poñan ó tanto. De seguro que saben cousas da historia da nosa parroquia que moitos de nos non coñecemos e non se atopan en ningún libro. Sen máis, espero que se poñan en contacto conmigo para contarme o que desexen.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

o pouco que conozco esta zona de galicia, pero me parece precioso este lugar. Impresionantes as fotos da casa de pedra típica galega que si mal non recordo nela, algunha cerveciña tomei.

Beni Lago dijo...

Abofé que é bonito, sí. E nesta estación recén escomenzada ainda máis...

É moi probable que tomaras algunha cerveciña, sí, jeje.